A Universidade de Vigo asume a responsabilidade de cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos. Entre os seus obxectivos ten garantir a protección da información e tratamento de datos de carácter persoal a estudantes, profesores, persoal de administración e servizos e en xeral, calquera outro cidadán que nalgún momento tivo relación coa Universidade de Vigo.
A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución Española. O dereito fundamental á protección de datos recoñece as persoas físicas a facultade de controlar os seus datos persoais e á capacidade de dispoñer e decidir sobre os mesmos.
O Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD) establece os principios e normas que garanten o contido esencial do dereito fundamental á protección, reforzando a seguridade xurídica e a transparencia.
A Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) dispón a adaptación do ordenamento español ao RXPD preservando o principio de seguridade xurídica e procurando unha regulación interna complementaria para facer plenamente efectiva a aplicación do RXPD.
O Responsable do Tratamento é a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo que, so ou xunto con outros, determina os fins e medios do tratamento. A Universidade de Vigo é a responsable do tratamento.
A Universidade de Vigo aplicará medidas técnicas e organizativas apropiadas a fin de garantir e poder demostrar que o tratamento é conforme coa normativa de protección de datos, tendo en conta a natureza, ámbito, o contexto e os fins do tratamento así como os riscos para os dereitos e liberdades das persoas físicas.
Universidade de Vigo
CIF: Q8650002B
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende, s/n
36310 Vigo
+34 986 813 600
informacion@uvigo.es
O/a Delegado/a de Protección de Datos (DPD) é unha figura de obrigatoria aplicación polo Regulamento Europeo Xeral de Protección de Datos (RXPD) e a Lei orgánica 3/2018, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Pode ser unha persoa física ou xurídica que desempeñe as súas funcións no marco dun contrato de servizos, ou poderá formar parte do persoal da Universidade de Vigo que neste último caso non será destituído nin sancionado polo que respecta ao desempeño das súas funcións como DPD, salvo que incorrera en dolo ou neglixencia grave no seu exercicio.
Será designado atendendo as súas cualificacións profesionais e, en particular, aos seus coñecementos especializados do Dereito e a práctica en materia de protección de datos.
Recibirá do responsable todos os recursos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Neste sentido tamén terá acceso aos datos persoais e procesos de tratamento.
O/A DPD poderá desempeñar outras funcións e cometidos e o responsable garantirá que ditas funcións non dean lugar a conflito de intereses.
Os seus datos de contacto deben ser públicos. As persoas interesadas poderán poñerse en contacto co/coa DPD no que respecta a tódalas cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos ao amparo do previsto no RXPD e na LOPDGDD.
Así mesmo, o responsable garantirá que o/a DPD non reciba ningunha instrución polo que dispón de total autonomía no exercicio das súas funcións como DPD e manterá unha relación fluída co Reitor e co equipo de goberno para mellorar o servizo público encomendado.
O/A DPD ten como mínimo as seguintes funcións:
Ana Garriga Domínguez
Facultade de Dereito
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 368 834
dpd@uvigo.gal
O Encargado de Tratamento é a persoa física ou xurídica, autoridade pública, servizo ou outro organismo que trate datos persoais por conta da Universidade de Vigo.
Correspóndelle á Universidade de Vigo decidir sobre a finalidade e os usos da información, mentres que o encargado do tratamento debe cumprir coas instrucións que lle encomenda a Universidade para un determinado servizo respecto ao correcto tratamento dos datos persoais aos que poida ter acceso como consecuencia da prestación deste servizo.
A Universidade de Vigo debe elixir un encargado que ofreza garantías suficientes respecto á implantación e mantemento das medidas técnicas e organizativas apropiadas e que garante a protección dos dereitos das persoas afectadas. A adhesión a códigos de conduta ou a posesión dun certificado de protección de datos pode servir como mecanismo de proba.
O Encargado de Tratamento pode adoptar todas as decisións organizativas e operacionais necesarias para a prestación do servizo contratado, pero en ningún caso pode variar as finalidades e os usos dos datos nin os pode utilizar para as súas propias finalidades.
A regulación da relación entre o responsable e o encargado do tratamento debe establecerse a través dun contrato ou dun acto xurídico unilateral do responsable do tratamento e debe constar por escrito, inclusive en formato electrónico. O Encargado do Tratamento pode realizar todos os tratamentos, automatizados ou non, que o responsable do tratamento lle encomende formalmente no acordo que se adopte, respectando a normativa de protección de datos e os principios relativos ao tratamento sinalados no artigo 5 do RXPD.
Non existe a obriga de informar respecto á contratación dun encargado de tratamento.
O contido mínimo dun contrato ou acordo de encargado de tratamento é:
A Universidade de Vigo non perde a consideración de responsable do tratamento cando contrata cun encargado de tratamento e continúa sendo responsable do correcto tratamento dos datos persoais e da garantía dos dereitos dos afectados.
A Universidade de Vigo unicamente recollerá os datos persoais estritamente necesarios en relación cos fins para os que sexan tratados, de acordo cos principios dispostos no artigo 5 do RXPD e facilitará ás persoas interesadas, no momento en que se obteñan os datos persoais, a información necesaria para garantir un tratamento leal e transparente, de acordo co disposto nos artigos 13 e 14 do RXPD
As finalidades do tratamento están amparadas no interese público e para a prestación do servizo de educación superior que ten encomendada a Universidade de Vigo a través da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades e restante normativa vinculada.
Os datos que recolle a Universidade de Vigo serven aos fins directamente relacionados coas súas competencias e funcións e neste sentido os recollerá, tratará, almacenará e utilizará para levar a cabo as súas relacións co alumnado, antigo alumnado, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos, outras persoas usuarias dos servizos que presta, así como provedores e outras persoas físicas ou xurídicas. Ditos datos serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento titularidade da Universidade de Vigo.
Principios de lexitimación
A Universidade de Vigo está lexitimada para o tratamento da información persoal de acordo co principio de licitude sinalado no artigo 6 do RXPD e, principalmente para:
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da mesma finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.
Segundo o tipo de actividades de tratamento de datos que se realicen, a Universidade de Vigo poderá estar obrigada a comunicar información relativa ás persoas interesadas ás distintas Institucións, Organismos ou Entidades públicas ou privadas, incluíndo destinatarios en terceiros países ou organizacións internacionais.
No Rexistro de Actividades de Tratamento se identifican as comunicacións previstas.
Igualmente, os datos persoais poderán ser comunicados a Empresas ou Entidades Colaboradoras, por exemplo para a realización de prácticas externas, de xeito que se non hai autorización a comunicación dos datos nestes supostos, non se poderá prestar o servizo.
A información persoal que recolle a Universidade de Vigo reside en España, pero é posible que poida ser transferida a países non pertencentes á Unión Europea, por exemplo, no caso de algúns programas de intercambio. De ser así, a Universidade de Vigo comprométese a cumprir cos requisitos legais establecidos pola normativa española e da Unión Europea.
En concreto, os datos poderán ser comunicados fora do Espazo Económico Europeo, nos termos sinalados nos artigos 45 ao 50 do RXPD:
Fóra destes supostos deberase obter autorización previa da AEPD.
A Universidade de Vigo comprométese a protexer os datos persoais aplicando as medidas de seguridade necesarias de acordo coa súa Política de Seguridade da Información. Terá en conta o estado da técnica, os custes de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e liberdades das persoas interesadas. Tanto a Universidade de Vigo como os diferentes encargados do tratamento aplicarán medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir un nivel de seguridade adecuado ao risco e conforme ao recollido no artigo 32 do RXPD.
A Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade é a responsable do deseño da política de seguridade na Universidade de Vigo e da implantación do Esquema Nacional de Seguridade
A Universidade de Vigo debe cumprir cuns principios esenciais para o tratamento dos datos persoais das persoas físicas. Estes principios se regulan no artigo 5 do RXPD e son:
En virtude do principio de transparencia sinalado no artigo 12 do RXPD o responsable do tratamento ten a obriga de informar aos interesados acerca das circunstancias e condicións para efectuar o tratamento dos datos persoais. Este deber de información está regulado nos artigos 13 e 14 do RXPD e no artigo 11 da LOPDGDD.
A Universidade de Vigo incorporou esta obriga a todo o seu persoal na instrución conxunta 5/2019 do 1 de marzo, da Xerencia e da Secretaría Xeral para o desenvolvemento de medidas de tratamento de datos de carácter persoal na Universidade de Vigo.
Segundo o artigo 4 do RXPD “tratamento” é calquera operación ou conxunto de operacións realizadas sobre datos persoais ou conxunto de datos persoais, xa sexa polo procedemento automatizado ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta, utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión, limitación, supresión ou destrución.
Rexistro de actividades de tratamento
A Universidade de Vigo é a responsable de manter un Rexistro das actividades de tratamento efectuadas baixo a súa responsabilidade. Dito rexistro deberá conter o especificado no artigo 30 do RXPD: nome e datos de contacto do responsable e do delegado de protección de datos, fins do tratamento, categorías de persoas interesadas e de datos persoais, categorías de destinatarios, no seu caso, transferencias de datos persoais a un terceiro país cando sexa posible, os prazos de supresión das categorías de datos e unha descrición xeral das medidas técnicas e organizativas de seguridade.
Así mesmo, cada encargado e, no seu caso, a/o representante do encargado levará un rexistro de tódalas categorías de actividades de tratamento efectuadas por conta da Universidade de Vigo.
Exercicio dos dereitos
Os dereitos de protección de datos de carácter persoal regúlanse nos artigos 15 ao 22 no RXPD e artigos 12 a 18 da LOPDGDD.
Quen pode exercer estes dereitos
Estes dereitos teñen carácter persoalísimo e poderán exercelos as persoas físicas, en tanto titulares dos seus datos persoais sen coste algún.
Os dereitos tamén poderán exercitarse a través de representante, expresamente designado para o exercicio do dereito. Nestes casos, deberá constar claramente acreditada a identidade da persoa interesada e a representación conferida pola mesma.
Os dereitos serán denegados cando a solicitude sexa formulada por persoa distinta da persoa interesada ou non se acredite a súa representación.
A quen se dirixe a solicitude de exercicio de dereitos
A solicitude se dirixe ao reitor da Universidade de Vigo que ten a competencia para resolver, sendo a Secretaría Xeral o órgano que tramita o procedemento.
Medios de presentación
Poderá presentarse por algún dos seguintes medios:
Electronicamente
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo empregando, preferentemente, o procedemento específico SXER – Exercicio dereitos sobre protección de datos, dispoñible na categoría «Cidadanía» (esta vía require contar con algún dos sistemas de identificación electrónica admitidos pola sede).
A través dos rexistros administrativos e oficinas de correos
Mediante solicitude presentada ante as Oficinas de Asistencia en Materia de Rexistro da Universidade de Vigo ou a través dalgún dos rexistros ou oficinas de correos aos que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A estes efectos, a persoa interesada poderá cubrir, descargar e asinar o formulario dispoñible no seguinte enlace:
Igualmente poderán dirixirlle a solicitude directamente á Delegada de Protección de Datos mediante un correo electrónico a dpd@uvigo.gal.
Documentación
No caso de representación, deberase xuntar á solicitude o documento acreditativo do seu outorgamento e da persoa que o representa.
Cando proceda, aportaranse os documentos acreditativos da petición.
A efectos de comprobación de identidade, será obxecto de consulta por parte da Universidade de Vigo do documento nacional de identidade da persoa interesada ou da persoa representante. No caso de oposición a dita consulta deberá indicarse no recadro correspondente na solicitude e achegar unha copia do documento.
Se a solicitude se realiza presencialmente, débese xuntar unha copia do DNI a efectos de identificación.
Prazo do procedemento
Máximo un mes, a contar desde a recepción da solicitude. En función da complexidade e o número de solicitudes o citado prazo poderá prorrogarse outros dos meses, do cal será informada a persoa interesada.
Efectos
No caso de que a Universidade de Vigo non dea curso á solicitude da persoa interesada, informaraa sen dilación, e a mais tardar transcorrido un mes da recepción da solicitude, das razóns da súa non actuación e da posibilidade de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Transcorrido o prazo sen que de forma expresa se conteste á solicitude, a persoa interesada poderá pórse en contacto coa Delegada de Protección de Datos da Universidade, ou se o estima oportuno, interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos para que inicie un procedemento de tutela dos seus dereitos.
Dereito de acceso
A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo confirmación de se están tratando ou non os seus datos persoais, e en tal caso, obter a seguinte información:
Dereito de rectificación
A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo, sen dilación indebida, a rectificación dos datos persoais inexactos que lle concirnan. Na solicitude se deberá indicar os datos concretos e a corrección que hai que realizar. Ademais, cando sexa necesario, deberase aportar a documentación necesaria que xustifique a inexactitude ou o carácter incompleto dos datos.
Dereito de supresión
A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo, sen dilación indebida, a supresión dos seus datos persoais cando concorran algunhas das seguintes circunstancias:
Non obstante este dereito non é ilimitado, de tal forma que pode ser factible no proceder á supresión cando o tratamento sexa necesario para o exercicio da liberdade de expresión e información, para o cumprimento dunha obriga legal, para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos á Universidade de Vigo, por razóns de interese público, no ámbito da saúde pública, con fins de arquivo de interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, ou para a formulación, ou exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito á limitación do tratamento
A persoa interesada terá dereito a obter da Universidade de Vigo a limitación do tratamento dos datos. O seu exercicio presenta dúas vertentes:
Solicitude de suspensión do tratamento
Solicitude de conservación dos datos
Dereito á portabilidade
Cando o tratamento se efectúa por medios automatizados, a persoa interesada terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban que lle facilitara á Universidade de Vigo, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica e interoperable, e poderá transmitilos a outro responsable do tratamento sen que o impida a Universidade de Vigo cando o tratamento estea lexitimado no seu consentimento ou no marco da execución dun contrato.
Dereito de oposición
A persoa interesada terá dereito a opoñerse en calquera momento, por motivos relacionados coa súa situación particular, a que os datos persoais que lle concirnan sexan obxecto dun tratamento baseado no disposto no artigo 6.1 letras e) ou f) (nunha misión de interese público ou en interese lexítimo), incluída a elaboración de perfís. A Universidade de Vigo deixará de tratar os datos salvo que acredite motivos imperiosos que prevalezan sobre os intereses, dereitos e liberdades da persoa interesada, ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Só o PAS e o PDI terán acceso aos seguintes modelos no aplicativo Doctas a través da súa secretaría virtual:
Só o PAS e o PDI terán acceso ás seguintes recomendacións no aplicativo Doctas a través da súa secretaría virtual:
O uso dun contorno de docencia virtual, a través das plataformas propias da Universidade de Vigo, implica o tratamento de diversos tipos de datos (de identificación, de imaxe, de son ou de comentarios nun chat, entre outros posibles). En concreto, a captación de imaxes e de voz, así como o seu almacenamento, a súa difusión ou a súa publicación no entorno dunha aula virtual teñen a consideración de tratamento de datos persoais no sentido do Regulamento (UE) 2016/679 e da Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
Finalidades do tratamento dos datos persoais
A utilización e a xestión das plataformas de teledocencia Faitic e as aulas virtuais de Campus Remoto así como doutro tipo de recursos electrónicos ou servizos multimedia propios da Universidade de Vigo para o desenvolvemento da xestión das actividades docentes e dos procesos de avaliación virtuais, así como doutro tipo de actividades académicas amparadas pola normativa universitaria.
Lexitimación do tratamento dos datos persoais
A lexitimación do tratamento de datos persoais no dito entorno ten o seu fundamento na relación xurídica que vincula o profesorado e o estudantado coa Universidade de Vigo.
Comunicacións e transferencias internacionais
Non se prevén comunicacións nin transferencias internacionais, excepto, de ser o caso, para finalidades específicas nas que o profesorado ou os servizos responsables deberán recoller expresamente os consentimentos.
Prazo de conservación
Os prazos de conservación dos tratamentos de datos e a custodia dos exames serán os necesarios para o desenvolvemento das finalidades descritas, durante o tempo suficiente que asegure o cumprimento dos obxectivos, así como das revisións dos exames e para dirimir as posibles responsabilidades que se puideran derivar, tendo en conta a normativa de arquivos.
As gravacións das probas de avaliación no entorno virtual deberán conservarse durante o mesmo prazo indicado na normativa da Universidade de Vigo para as probas presenciais.
Dereitos
As persoas terán dereito a solicitarlle ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terán dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo nos casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade destes datos.
Os devanditos dereitos poderanse exercer mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante a súa sede electrónica.
Igualmente poderán dirixirlle a solicitude directamente á Delegada de Protección de Datos mediante un correo electrónico a dpd@uvigo.gal.
Así mesmo, de non ser atendidos os seus dereitos pola Universidade de Vigo, as persoas terán dereito a presentar unha reclamación ante a AEPD.
Nas tarefas que impliquen creación intelectual, manexo de datos persoais, imaxes de terceiras persoas, ou expresións subxectivas do alumnado, cumprirase cunha aplicación estrita do principio de limitación de finalidade do tratamento, circunscribindo o seu uso aos fins propios da avaliación, con prohibición de uso para calquera outra finalidade, non admitindo usos compatibles sen o consentimento previo das persoas interesadas, quedando prohibido comunicar os datos persoais tratados a terceiros non implicados no proceso de avaliación.
A eventual explotación dos dereitos de propiedade intelectual relativos ás gravacións das sesións de clase virtual pola Universidade de Vigo, como titular dos devanditps, pode conlevar, en relación co seu profesorado, para o curso académico correspondente, a posible captación da súa imaxe, a fixación da súa intervención en calquera soporte audiovisual da Universidade de Vigo, así como a súa reprodución na contorna da aula virtual, o que se autorizará unicamente nos medios proporcionados pola Universidade, sendo posible o seu uso en cursos posteriores ou para fins distintos só cando se limite exclusivamente á intervención do profesorado desta Universidade, debendo solicitarse o consentimento expreso si incorporasen datos, imaxes ou sons do estudantado.
Os recursos e os materiais, en calquera soporte, que o profesorado poña á disposición do estudantado nas diferentes plataformas e recursos electrónicos ofertados pola Universidade de Vigo serán utilizados coa finalidade de preparar e impartir as correspondentes materias e actividades nas que estea matriculado o estudantado durante o curso académico.
Máis información:
Secretaría Xeral
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende, s/n
36310 Vigo
+34 986 813 600
informacion@uvigo.gal